A cuarta edición do Joint que comezou o pasado marzo na cidade chinesa de Hohhot, sede da Escola de Arquitectura da Inner Mongolia University of Technology, chega agora ao seu fin na nosa Escola da Coruña e se desenvolverá entre os días 05 e 07 de xuño.
Tres delegacións da ETSAC-UDC da Coruña (Galicia-España), o HIT de Harbin (China) e o recén incorporado IMUT de Hohhot (China) teñen desenvolvido un proxecto conxunto no emprazamento histórico do Zhaojun Tomb Park na capital da Mongolia Interior.
É o momento de coñecer e avaliar as contribucións dos estudantes das tres institucións académicas. O xurado do Joint está composto polos profesores: Liang Lan, Su Xiaoming, He Long e Li Hong (IMUT), Luo Peng e Dong Yu (HIT), Jesús Irisarri e Emilio Rodríguez (ETSAC).
Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacional da UDC clausurou a cuarta edición do Joint despois do reparto de certificados entre os estudantes e profesores participantes.
Máis información: 2017 Joint schedule at ETSAC