O pasado 26 de maio presentáronse en Regensburg as propostas dos alumnos de ENSA Clermont-Ferrand, a ETSAC e OTH para a Rehabilitación do antigo colexio xesuíta de Billom e a súa contorna, como actividade final do programa Iacobus na súa vixésima segunda edición.
O xurado, integrado por profesores das tres escolas e polo arquitecto Florian Plajer, valorou o amplo abano de solucións e propostas presentadas, acordando as distincións aos seguintes equipos:
-Premio Rafael Baltar: Julie Bernadou, Anna Morgunova e Paula Fernández-Carreras
-Premio ETSAC: Cristina Mourelle Vázquez
-Premio ENSACF: Lucien Fillias e Caroline Niel
-Premio OTH: Felice Junga e Neslihan Samanc
Parabéns a todos os premiados!
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.