Norman Foster Foundation: Invitación aos alumnos da ETSAC

 

Invitación da NFF aos alumnos da ETSAC:

Con ocasión da inauguración da Norman Foster Foundation que se celebra o día 1 de xuño no Teatro Real de Madrid, o Forum FUTURE IS NOW, no que participarán, entre outros, Olafur Eliasson, Alejandro Aravena, Mathias Kohler ou Maya Lin.
http://www.normanfosterfoundation.org/es/educational/futureisnow/

A Norman Foster Foundation, en contacto coa dirección da ETSAC, invita á inauguración da súa sede a 50 estudantes da nosa escola. A invitación da Norman Foster Foundation garantirá unha praza e, ademáis, esta institución se fará cargo do desprazamento desde A Coruña a Madrid dos nosos estudantes.

Para optar a unha destas cincuenta prazas (reservadas a alumnos matriculados na ETSAC en cualquera das súas titulacións) deberedes facer o seguinte:

  1. Dirixir un correo electrónico a etsacdir@udc.es antes das 14.00 h do día 3 de maio de 2017
  2. No “asunto” debe constar: APELIDO1_APELIDO 2_NOME_INAUGURACIÓN NORMAN FOSTER FOUNDATION
  3. O correo debe conter o seguinte e no orde indicado:
    -Apelido1 Apelido 2, Nome
    -DNI
    -Titulación na que estás actualmente matriculado-a (sexa de grao ou mestrado)
    -Enderezo de correo electrónico
    -Teléfono de contacto
    -Carta de motivación (escrita no mesmo corpo de correo, non en arquivo achegado) de non máis de 100 palabras, explicando as razóns polas que queredes asistir ao Forum FUTURE IS NOW.

A listaxe dos estudantes seleccionados darase a coñecer o venres 5 na páxina web da escola, unha vez remitida á Norman Foster Foundation.

Serán descartadas todas as solicitudes que non cumpran estritamente o consignado. A selección será realizada polo equipo de dirección da ETSAC.