Segundo o establecido no Regulamento para recoñecemento de grupos de investigación, o Servizo de Investigación actualizará o Catálogo de Investigación para a axeitada difusión da investigación da UDC no contorno empresarial e sociocultural.
Para iso ábrese un prazo ata o día 18 de maio con dúas modalidades:
1.ª Novas inscricións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación. Neste caso, cubrirase o formulario de inscrición e ademais:
-Follas de sinaturas, no caso de Grupos ou Unidades
-Informe de aceptación da adscrición de grupos a un departamento, instituto universitario ou centro tecnolóxico, no caso de Grupos
2.ª Actualización de datos: aqueles grupos, unidades e investigadores xa inscritos que desexen realizar algunha modificación na súa ficha, deberán comunicarllo por escrito ao Servizo de Investigación. É importante comunicar todas as altas e as baixas que se producisen, así como as modificacións nas liñas de investigación ou na oferta investigadora para que o Catálogo manteña a súa vixencia. Desde o Servizo de Investigación daranse de baixa as persoas que xa non teñan vinculación coa universidade agás que se solicite, debidamente asinada, a súa inclusión como colaborador/a doutro organismo.
Poden atopar todos os formularios no seguinte enderezo:
http://www.udc.es/investigacion/catalogo/
Unha vez cubertos deben envialos ao Servizo de Investigación.
Para realizar calquera consulta ou resolver calquera dúbida deberá dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte:catalogo@udc.es