Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC

When:
18 Maio, 2012 all-day
2012-05-18T00:00:00+02:00
2012-05-19T00:00:00+02:00
Límite de prazo: Novas inscricións e actualizacións nas categorías de investigador individual, unidade de investigación e grupo de investigación da UDC

Segundo o establecido no Regulamento para recoñecemento de grupos de investigación, o Servizo de Investigación actualizará o Catálogo de Investigación para a axeitada difusión da investigación da UDC no contorno empresarial e sociocultural.

Para iso ábrese un prazo ata o día 18 de maio con dúas modalidades:

1.ª Novas inscricións nas categorías de investigador individualunidade de investigación e grupo de investigación. Neste caso, cubrirase o formulario de inscrición e ademais:

-Follas de sinaturas, no caso de Grupos ou Unidades

-Informe de aceptación da adscrición de grupos a un departamento, instituto universitario ou centro tecnolóxico, no caso de Grupos

2.ª Actualización de datos: aqueles grupos, unidades e investigadores xa inscritos que desexen realizar algunha modificación na súa ficha, deberán comunicarllo por escrito ao Servizo de Investigación. É importante comunicar todas as altas e as baixas que se producisen, así como as modificacións nas liñas de investigación ou na oferta investigadora para que o Catálogo manteña a súa vixencia. Desde o Servizo de Investigación daranse de baixa as persoas que xa non teñan vinculación coa universidade agás que se solicite, debidamente asinada, a súa inclusión como colaborador/a doutro organismo.

Poden atopar todos os formularios no seguinte enderezo:

http://www.udc.es/investigacion/catalogo/

Unha vez cubertos deben envialos ao Servizo de Investigación.

Para realizar calquera consulta ou resolver calquera dúbida deberá dirixirse ao enderezo de correo electrónico seguinte:catalogo@udc.es