Periféricos, miradoiro terceiro, nesta ocasión en torno a Venezia. Dirixido polos profesores Patricia Sabín e Enrique Blanco, contará coa intervención de Fernando Agrasar, Creus e Carrasco, Luz Paz, Carlos Quintáns e Lucio + Cancela.
Nun mundo que se conta como global, todos nós pertencemos ao centro, ao tempo que á periferia. Posicionarse intelectual ou xeograficamente na periferia, da periferia, dende a periferia, cara á periferia… supón reflexións e procesos de investigación no proxecto, de coñecemento e acercamento á realidade dunhas arquitecturas para a súa experimentación, interpretación e vivencia dun xeito o mais amplo posible.
Periféricos aspira a poñer de manifesto esas reflexións a través das experiencias persoais dos invitados coas súas particulares miradas. Nesta ocasión, cara a Venecia.
Data: martes 25 de outubro, ás 09:30h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.