Fallo do concurso Micasita para os senteito: nota de prensa

micasita_1

 

Ás 10,00 horas do 13 de xuño de 2016, na ETSAC, tense reunido o xurado encargado de fallar o concurso de ideas do programa Micasita para os senteito, convocado pola Escola de Arquitectura da Coruña e o Fogar Sor Eusebia. O xurado foi integrado por Fernando Agrasar (director da ETSAC); Jorge Cao, director do Servizo de Urbanismo do Concello da Coruña; Guillermo Evia, subdirector xeral de Proxectos e Accesibilidade da Consellería de Política Social; Fernando Blanco, arqiuitecto designado polos concursantes; os profesores da ETSAC Manuel Gallego Jorreto e Jacobo Rodríguez- Losada; e o presidente do Fogar Sor Eusebia, José Vicente Martínez Rico. Como secretarios, sen voto, actuaron  Amparo Casares, subdirectora da ETSAC e Diego Utrera, director do Fogar.

Ao concurso concorreron 25 propostas. O resultado farase público nunha gala que se celebrará o día 13 de xullo, ás 18:00h, no salón de actos de Afundación do Cantón Grande da Coruña.

Máis información: NOTA FALLO CONCURSO MICASITA