A terceira edición do JOINT GRADUATE DESIGN PROJECT entre as escolas de arquitectura da UDC e o HIT ven de rematar este mes de xuño en Harbin (China). O Joint comezara no mes de marzo coa visita do equipo chinés á nosa escola onde se propuxo o obxecto do traballo conxunto, unha actuación no peirao de Calvo Sotelo do porto coruñés.
Ao HIT desprazáronse os membros do equipo galego composto por dezaoito estudantes e dous profesores, Fernando Agrasar e Evaristo Zas, director e subdirector da ETSAC, respectivamente. Na viaxe chinesa, ademáis de Harbin, visitáronse fitos arquitectónicos das cidades de Hong Kong e Beijing.
O Joint é unha valiosa experiencia académica internacional, consolidada polos anos e que nesta edición comprendeu palestras, exposición dos traballos e maquetas, sesión pública de defensa dos mesmos ante xurado e visitas arquitectónicas na cidade.
Quixeramos manifestar o noso agradecemento pola calurosa acollida a todos os alumnos chineses participantes e, moi especialmente ao director da Escola do HIT, Mei Hongyuan e aos profesores Luo Peng, Dong Yu, Deming Liu e Jianmei Wu. Agradecementos que extendemos a Tamara Fraga, alumna egresada da ETSAC que está a traballar no HIT e ao profesor de proxectos da ETSAC, Jesús Irisarri.
Alumnos HIT participantes: Jiaqui Sun, Ke Liu, Yanan He, Junwen Liu, Boliang Du, Chen Shi, Shanshan Yang, Xuan He, Juntong Zhang, Yu Bu, Na Wei, Keke Li, Yixin Liang, Jinzhi Wang
Alumnos ETSAC participantes: Camino Fernández, Cristina Manzanera, Antía Martínez, Catuxa González, Lucía Nuevo, Nuria Fernández, Rubén Vázquez, María Llovo, Miguel Ramón, Claudia Franco, Andrea Fernández, Johnatan Carreira, María González, Míriam Núñez, Abel Fernández, Santiago López, Elena González e Alejandro Lastra