Concurso de vídeos UNISCAPE: Paisaxe en acción

uniscape_1

 

UNISCAPE convoca un concurso de vídeo dirixido a estudantes pertencentes a calquera universidade europea. O seu obxectivo é reunir unha serie de curtas que compoñan unha visión xeral e innovadora sobre o tema “Os valores da paisaxe: Lugar e Praxe”, que é tamén o tema da vindeira Conferencia Internacional UNISCAPE en Galway, Irlanda, do 29 de xuño ao 02 de xullo.

O profesor da ETSAC, Cristóbal Crespo vai formar parte do xurado deste concurso.

Máis información: http://www.uniscape.eu/pageNews.php?idCont=1602&lang=en&tit=People