REUNIÓN 01: O vindeiro xoves 04 de febreiro, ás 12:00h, vaise celebrar no salón de actos da ETSAC unha reunión informativa para os estudantes do Campus da Zapateira que desexen participar na mobilidade internacional no curso 2016-17.
REUNIÓN 02: Ao día seguinte, venres 05 de febreiro, ás 12:00h, os estudantes, equipo de dirección da ETSAC e o novo coordinador de internacional, Evaristo Zas, manterán a nosa primeira reunión de contacto co fin de resolver dúbidas e tratar as especificidades da mobilidade en arquitectura.
A vosa asistencia ás dúas reunións é imprescindible!
Máis información: http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html