Xornadas FOU: Fabricando Ourense

fou_1

Con motivo da próxima apertura do Centro de Coñecemento La Molinera en Ourense, o Concello organiza as xornadas FOU (Fabricando Ourense).

FOU será un encontro aberto á cidadanía centrado nas novas formas de innovación social nas cales o propio cidadán non só usa novas tecnoloxías, senón que dirixe e colabora no desenvolvemento e fabricación de novos proxectos tecnolóxicos para dar solucións innovadoras dentro da súa comunidade.

Nestas xornadas celébrase un simposio onde os coordinadores e directores dos centros que se están abrindo en cidades de toda a península Ibérica e que facilitan este novo tipo de innovación social (fablabs, medialabs, makerspaces, etc.), compartirán a súa experiencia nestes últimos anos.

Máis información: http://www.lamolinera.org/