ETSAC no Joint Graduate Design Project 2014 en Harbin (China)

escaleras

Ao abeiro do convenio asinado entre a UDC e o HIT de Harbin (China), celebrouse na cidade chinesa a segunda e última etapa do Joint Graduate Design Project 2014.

O obxecto do traballo conxunto, plantexado na ETSAC o pasado mes de febreiro, foi unha intervención na parcela industrial da Artística de Vigo. Na Escola de Arquitectura da Coruña o proxecto foi desenvolvido por un grupo de alumnos de Proxectos de quinto curso, titorados polo profesor Jesús Irisarri.

Durante a primeira semana de xuño na School of Architecture do HIT de Harbin, os alumnos chineses e galegos expuxeron, ante un xurado composto por profesores de ambas escolas, os resultados dos seus traballos que acadaron un alto nivel. As xornadas académicas complementáronse con palestras por parte do profesorado asistente.

A viaxe chinesa completouse cunha visita a fitos de interese arquitectónica nas cidades de Harbin, Shanghai e Beijing.

Por parte da ETSAC desprazáronse a China os profesores Fernando Agrasar e Evaristo Zas, director e subdirector da ETSAC, así como os alumnos: Lucía Gómez, María Jovellanos, Laura Gómez, Jaime Álvarez, María López, Francisco Rincón, Sara Cidrás, Iria Suárez, Rocío Balsas, Alicia Balbás, Pablo González e Jorge Rodríguez.

Parabéns a todos os participantes de ambas escolas e agradecementos especiais ao director da School of Architecture do HIT Prof. Mei Hongyuan e aos profesores Jian Mei Wu e Li Yun Zhou.

Máis información: http://www.iccha.net/result_article.jsp?articleId=304380&guanjian=coruna&ziduan=coruna

artistica

hit

exhibitionhall

pudong

olympic_1