A Coruña
España
A Real Academia Galega de Belas Artes, leva a cabo durante o presente Curso Académico 2011 – 2012, unha actividade divulgativa aberta, baixo o epígrafe de “Xoves da Academia”, consistente nunha serie de conferencias.
O xoves día 14 ás 19:00 horas no Salón de Actos da Academia (Praza do Pintor Sotomayor s/n), o Académico de Honra desa Institución D. Andrés Fernández-Albalat Lois, disertará sobre a “Restauración e Rehabilitación”
Fernández-Albalat, Arquitecto e ex Catedrático da Universidade da Coruña, o máis significativo representante da modernidade na Arquitectura galega do século XX, mestre de xeracións de novos arquitectos, autor de estudos territoriais como “A Cidade das Rías”, e de numerosos escritos sobre arquitectura e urbanismo, proyectista de destacados edificios públicos e privados, premiado e recoñecido con numerosas distincións.
(Entrada libre até completar aforamento)