Xornada NOVOS TERRITORIOS: Vocación e reciclaxe profesional desde a arquitectura

When:
16 Maio, 2014 @ 10:00 – 15:00
2014-05-16T10:00:00+00:00
2014-05-16T15:00:00+00:00
Where:
Salón de actos da ETSAC

novo_horizontes_0

A ETSAC presenta a xornada NOVOS TERRITORIOS. VOCACIÓN E RECICLAXE PROFESIONAL DESDE A ARQUITECTURA

A través dunha serie de palestras presentadas polo director da Escola, Fernando Agrasar, os nosos convidados, maioritariamente egresados da ETSAC, amosarán a súas experiencias en campos tanxenciais á arquitectura.

Estamos a falar da edición, a ilustración, o deseño de automóbiles, a xoiería, as artes escénicas, a fotografía e a montaxe de exposicións. Intervirán: Óscar Pedrós, Eva Alfonso, Felipe Trillo, Jacobo Domínguez, Beatriz Pérez, Ramón de los Heros e Ana Belén Amado.

Neste contexto, os profesores Pedro de Llano e Plácido Lizancos presentarán a última publicación PFC ETSAC, reflexionando sobre os procedementos gráficos de ideación e análise nos proxectos fin de carreira, nos que interviron algúns dos convidados.

Coordinación: Óscar Pedrós e Evaristo Zas

pedros_1

pedros_21