Exposición: Estudo para o Plano Director da Muralla da cidade vella da Coruña

When:
14 Maio, 2013 – 27 Maio, 2013 all-day
2013-05-14T00:00:00+00:00
2013-05-28T00:00:00+00:00
Where:
Departamento de Composición. ETSAC

Dentro das actividades do Grupo de Investigación GICAP (Composición Arquitectónica e Patrimonio), desenvolveuse o “Estudo de Identificación, Definición Histórica e Anotación Material das murallas da Cidade Vella da Coruña”, con proposta de criterios de actuación para a súa recuperación, a petición do Concello da Coruña, a fin de documentar a elaboración do Plan Director das Murallas da Cidade.

mura_02

A presente exposición mostra a evolución do recinto fortificado, documentando as súas transformacións no tempo, achegando igualmente as propostas de actuación para a súa recuperación e restauración.

Baixo a dirección do profesor J.R. Soraluce, a elaboración da exposición é da Arquitecta María José González, colaborando no traballo os arquitectos Manuel Belo, María Garrote, Estefanía López Salgas e Roi Rios

mura_01