ITG. Rúa Cantón Grande 9
15003. a Coruña
O Instituto Tecnolóxico de Galicia ( ITG) organiza na súa sede da Coruña un evento profesional de primeiro nivel para falar do presente e o futuro da metodoloxía BIM.
Mostrarase a visión de arquitectos, promotores e Administración, e tamén aspectos crave desta metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción. Pola mañá, empresas e expertos analizarán a transformación do sector e expoñerán casos de estudo. Pola tarde, realizarase un taller teórico-práctico con prazas limitadas sobre o control dixital da xestión do proxecto (medición, orzamento, planificación, certificación) e a estruturación de datos dos modelos con estándar eCOB.
A escola estará representada no evento coa participación do subdirector – Xefe de Estudos, Jose A. Vázquez que impartirá unha comunicación titulada: Representación Dixital vs Modelo Computable en Edificación.