COMPOSTAXE NA UDC

When:
13 Novembro, 2013 @ 09:30 – 12:30
2013-11-13T09:30:00+00:00
2013-11-13T12:30:00+00:00
Where:
Salón de Actos da Facultade de Ciencias
A compostaxe dos residuos de comedores universitarios na UDC
Dentro do ciclo de charlas e obradoiros da Oficina de Medio Ambiente organizamos unha actividade sobre a compostaxe o día 13 denovembro no Salón de Actos da Facultade de Ciencias.
A Universidade da Coruña conta cun proxecto pioneiro de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos de dous comedores universitarios son recollidos de xeito separado e compostado no propio campus nunha área de compostaxe comunitaria e nun compostador dinámico, o “campusteiro”
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a compostaxe, que é unha forma de reciclar a materia orgánica e reducir o volume de lixo xerado. Isto contribúe á minimización da contaminación e dos problemas asociados á xestión de residuos (cambio climático, dioxinas, ruídos…) e ademais, permite pechar o ciclo da materia orgánica na natureza.
A actividade “Compostaxe na UDC” estará organizada da seguinte forma:
10.30 – Charla
A compostaxe na UDC, a cargo de Manuel Soto (UDC)
Como facer compostaxe na casa,  a cargo de María R. Lafuente (ADEGA).
11.45 – Visita guiada ás áreas de compostaxe.
Animádevos a participar, resultaravos moi interesante!
Inscribídevos no correo oma3@udc.es!
SOLICITADOS CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
Para este ciclo de actividades e obradoiros están solicitados dous créditos de libre configuración (asistencia mínima de 20h) ou un crédito de libre configuración (asistencia mínima de 10h).
Máis información:
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC