Add to Calendar
When:
19 Novembro, 2014 @ 13:00 – 14:30
2014-11-19T13:00:00+00:00
2014-11-19T14:30:00+00:00
Where:
Porta da Facultade de Economía e Empresas
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.
|
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. |
O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar (Campus de Elviña), terá lugar a actividade.
O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.
|
Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es
|
Información doutros anos:
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.