PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SETEMBRO 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 20 de agosto ata o mércores 30 de agosto ás 14:00h
VENRES 1 DE SETEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 4 DE SETEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Obradoiro de morfoloxía urbana dentro dos cursos de verán da UDC.
O evento, de carácter internacional, achega á cidade ao PNUM, unha rede de investagación lusófona de morfoloxía urbana (vencellada a outros organismos internacionais) e que ten por obxectivo comprender e analizar distintos espazos de actualidade dentro da cidade, tales como a Cidade Vella-Parrote, a Peixería ou o Ensanche e muelles de San Diego.
Organiza: A área de Urbanismo e OT do Departamentos de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, ETSAC
Dirección: Xosé Lois Martínez Suárez
Secretaría: Valerio González Somoza
Datas: 04 ao 07 de setembro de 2017
Lugar: ETSAC e Fundación Luís Seoane
Inscrición: https://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2017/curso15.htmlhttps://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2017/curso15.html
Máis información: https://pnumcoruna17.wordpress.com/
Lectura da tese de doutoramento da profesora da ETSAC Ángeles Santos Vázquez con título: “A xestión da auga e a súa influencia na construción do territorio”
Directores da tese: Joaquín Fernández Madrid e Albert Cuchí Burgos
Data: xoves 07 de setembro de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Welcome event for new incoming students at ETSAC, auditorium level 0, taking take place on 11 September at 9 am. Your attendance is of key importance.
A ETSAC dá a benvida aos novos estudantes de intercambio no salón de actos, andar 0, o vindeiro luns, 11 de setembro, ás 9 horas da mañá. A vosa asistencia é fundamental.
La ETSAC da la bienvenida a los nuevos estudiantes de intercambio en el salón de actos, planta 0, el próximo lunes, 11 de septiembre, a las 9 de la mañana. Vuestra asistencia es fundamental.
Acto de inicio do curso 2017-18 na ETSAC:
11:00h Benvida do director da Escola, Fernando Agrasar
11:05h Palestra do profesor e ex director da ETSAC José Gonzalez-Cebrián Tello: “Sobre o ensino e a práctica da Urbanística”
12:00h Presentación da bilblioteca da ETSAC pola súa directora, Mayra Sanjuán
12:15h Presentación do PAT pola profesora Paula Fernández-Gago
12:30h Presentación do Centro de Linguas da UDC
12:45h Presentación do servizo da Xunta de Galicia Quérote +
13:00h Presentación dos representastes de alumnos
Data: mércores 13 de setembro de 2017, ás 11:00h
Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0
Asignación Taller/Tema B2.PFM Máster en Arquitectura – B2.PFG Grao en Arquitectura
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
Data: Venres 15 de setembro de 2017
12:00 Bolonia 2. Máster en Arquitectura. B2.PFM.
12:30 Bolonia 1. Grao en Arquitectura. B1.PFG
A asistencia e recomendable. A asignación realízase segundo o expediente académico: número de créditos superados e nota media.
Arquitectura desde cero. Desarruinando Gaza
Workshop sobre arquitectura en la franja de Gaza a cargo de Alberto Foyo, arquitecto, profesor del City College New York y Nuria Prieto, doctora arquitecta
En la Escuela Técnica Superior de Arquitectura del 19 al 25 de Septiembre, 10:00-14:00 16:00-19:00
Organizado por Columbia University, The City University of New York, Auckland University y la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universidade da Coruña
Inscripción gratuita