Calendar

Out
6
Lun
Conferencia PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
Out 6 @ 16:00 – 17:30
Conferencia PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
  • CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA.

  • Fernando Agrasar Quiroga

  • Luns 6 de outubro 2014       16:00h      Salón de Actos

 

Esta conferencia esta dirixida a todo o alumnado do PFC

Out
9
Xov
Encontro con David Barro, director da Fundación Luís Seoane @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Out 9 @ 12:00 – 13:30

luis seoane_1

O vindeiro xoves, ás 12:00h, teremos a visita de David Barro, crítico de arte e comisario de exposicións que na actualidade é director da Fundación Luís Seoane da Coruña. A intención é expoñer unha serie de vínculos e complicidades que se queren potenciar entre a Fundación Luís Seoane e a arquitectura; por unha banda coa programación dun interesante curso de arquitectura que comeza ese mesmo xoves 9, ás 19:30h, cunha palestra de Andrés Fernández Albalat, por outro con visitas de personalidades da arquitectura como Martha Thorne, xestora dos premios Pritzker; tamén con exposicións de artistas como o alemán Günther Förg, vencellado á Escola de Dusseldörf; ou obradoiros de artistas urbanos como o grupo Boa Mistura ou deseñadores como os irmáns Campana.

A Fundación Luis Seoane é un lugar onde plantexarse preguntas, un espazo para asumir contradiccións, para reflexionar sobre o coñecido e o descoñecido desde unha óptica contemporánea. De aí que desde esta semana abra un espazo libre para intercambiar ideas e que será obradoiro e lugar de reunión libre para quen o solicite. Alí se impartirán este ano os obradoiros CIDEA, que traerán a algúns dos deseñadores e arquitectos de maior relevancia internacional.

Máis información: http://www.luisseoanefund.org/fundacionls/

APROXIMACIÓNS 2014: Cinema suízo na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Out 9 @ 19:00 – 20:30

SUIZA_0

Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:

-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN

-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE

-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS

-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)

 

Hora: 17:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Entrada de balde

 

Máis información:

CINE_AproximAciones

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84

Out
10
Ven
Obradoiro de fotografía ETSAC 2014-15: PRESENTACIÓN E PALESTRAS @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Out 10 @ 12:00 – 14:00

Presentación do OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA da ETSAC para o curso 2014-15. O director da ETSAC, Fernando Agrasar, e o encargado da actividade, o fotógrafo Luis Carré, impartirán dúas palestras nas que falarán da relación da fotografía e a arquitectura.

Data: venres 10 de outubro de 2014, 12:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC

obradoiro fotografía_02

Out
13
Lun
Conferencia PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Segunda parte). Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
Out 13 @ 16:00 – 17:30
Conferencia PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Segunda parte). Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos. ETSAC
  • CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA (Segunda parte)

  • Fernando Agrasar Quiroga

  • Luns 13 de outubro 2014       16:00h      Salón de Actos

 

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC

Out
15
Mér
No centenario dos grandes mestres 2 @ Salón de actos da ETSAC
Out 15 @ 12:00 – 14:00

Segunda edición do ciclo de palestras en torno ao CENTENARIO DOS GRANDES MESTRES.

Se na pasada edición as leccións tiveron como tema central a relación entre procedementos construtivos e expresividades arquitectónicas, nesta ocasión se trata de contextualizar aqueles anos, lembrar as influencias recibidas e, ao mesmo tempo,  analizar algunhas experiencias  concretas.

Intervirán: Celestino García Braña, Luz Paz Agras, Fernando Agrasar Quiroga, Enrique Blanco Lorenzo, Patricia Sabín, Eva Valcárcel, José Ramón Alonso Pereira, Antonio Río e Miguel Abelleira.

Dirección: Celestino García Braña

Organización: Departamento de Composición

Inscripción: Delegación de alumnos, retsac.wordpress.com

Máis información: programa_centenario2

cartaz_centenario2

 

 

 

 

 

 

Out
16
Xov
APROXIMACIÓNS 2014: Cinema suízo na ETSAC @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Out 16 @ 19:00 – 20:30

SUIZA_0

Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:

-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN

-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE

-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS

-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)

 

Hora: 17:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0

Entrada de balde

 

Máis información:

CINE_AproximAciones

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84

Out
17
Ven
Seminario HABITABILIDADE BÁSICA na ETSAC @ Aula 2.2 ETSAC, andar 2
Out 17 @ 11:30 – 14:00

Seminario sobre HABITABILIDADE BÁSICA. MOITO MÁIS QUE CONSTRUÍR VIVENDAS

Intervirán: Julián Salas Serrano, doutor enxeñeiro industrial e fundador do ICHaB e da cátedra UNESCO de habitabilidade básica na ETSAM e Juan Carlos Pernas, excooperante CESAL no Perú

Mesa redonda: Plácido Lizancos Mora e Cristina García Fontán

Máis información: CARTAZ

Habitabilidad_2

 

 

The duellists en CINEMASCAPES: cinema, territorio e paisaxe @ Aula Especial 1, andar -1, ETSAC
Out 17 @ 13:00 – 15:00
O ciclo CINEMASCAPES comeza coa proxección da película THE DUELLISTS (1977) de Ridley Scott.
Haberá un coloquio ao remate.
Organiza: grupo de investigación pARQc
Lugar e data: Aula Especial 1. Venres, 17 de outubro ás 13:00h
cinemascapes_2
Exposición CARLOS MEIJIDE ARQUITECTO no COAG @ Sala COAG da Coruña
Out 17 @ 20:00 – 21:30

Inauguración da exposición CARLOS MEIJIDE ARQUITECTO co gallo da Semana Mundial da Arquitectura 2014.

Carlos Meijide Calvo (1931-2001) foi profesor de Proxectos da ETSAC ata o seu falecemento.

Data e lugar: Mércores 15 de outubro de 2014, ás 20:00h na Sala COAG da Coruña, rúa Federico Tapia, 64.

Patrocina: Campo
meijide_2