Lectura da tese de doutoramento VIANA DE LIMA E A INFLUENCIA DO MOVIMENTO MODERNO NA ARQUITECTURA PORTUGUESA
Doutorando: Paulo Lima Guerreiro
Data: xoves, 02 de outubro de 2014, 11:30 am
Director: Antonio Amado Lorenzo
Departamento: Representación e Teoría Arquitectónicas
Tribunal: José Antonio Franco Taboada, presidente, Carmen Escoda Pastor, Federico Arévalo Rodríguez, Francisco Pinto Puerto e Plácido Lizancos Mora, secretario
O proxecto D´HABITAT celebra o DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT 2014 que este ano escolle como eixe VOICES FROM SLUMS.
Neste contexto, o profesor da ETH de Zurich (Suíza) e membro do Urban Think Tank (León de Ouro pola Bienal de Venecia, 2012), SOTT LLOYD, vai impartir dúas palestras:
-TORRE DAVID. ENCORE: xoves, 02 de outubro, ás 18h00
-GEOGRAPHIES OF OPPORTUNITY. EMPOWER CAPE TOWN: venres, 03 de outubro, ás 12h30
Aulas: 2.4 (xoves) e 2.1 (venres)
Idioma: inglés
Máis información:
http://unhabitat.org/world-habitat-day/
Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:
-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN
-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE
-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS
-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)
Hora: 17:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Entrada de balde
Máis información:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84
O profesor da ETSAC, Antonio Amado Lorenzo, presentará o seu libro VOITURE MINIMUM. LE CORBUSIER E O AUTOMÓBIL, editado polo CSIC.
O acto de presentación crrerá a cargo do autor, así como de Fernando Agrasar, director da ETSAC e Antonio Maroño, decano do COAG.
Lugar: COAG da Coruña, rúa Federico Tapia, 62
Data: 20:00h, venres 03 de outubro 2014
O vindeiro xoves, ás 12:00h, teremos a visita de David Barro, crítico de arte e comisario de exposicións que na actualidade é director da Fundación Luís Seoane da Coruña. A intención é expoñer unha serie de vínculos e complicidades que se queren potenciar entre a Fundación Luís Seoane e a arquitectura; por unha banda coa programación dun interesante curso de arquitectura que comeza ese mesmo xoves 9, ás 19:30h, cunha palestra de Andrés Fernández Albalat, por outro con visitas de personalidades da arquitectura como Martha Thorne, xestora dos premios Pritzker; tamén con exposicións de artistas como o alemán Günther Förg, vencellado á Escola de Dusseldörf; ou obradoiros de artistas urbanos como o grupo Boa Mistura ou deseñadores como os irmáns Campana.
A Fundación Luis Seoane é un lugar onde plantexarse preguntas, un espazo para asumir contradiccións, para reflexionar sobre o coñecido e o descoñecido desde unha óptica contemporánea. De aí que desde esta semana abra un espazo libre para intercambiar ideas e que será obradoiro e lugar de reunión libre para quen o solicite. Alí se impartirán este ano os obradoiros CIDEA, que traerán a algúns dos deseñadores e arquitectos de maior relevancia internacional.
Máis información: http://www.luisseoanefund.org/fundacionls/
Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:
-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN
-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE
-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS
-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)
Hora: 17:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Entrada de balde
Máis información:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84
Presentación do OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA da ETSAC para o curso 2014-15. O director da ETSAC, Fernando Agrasar, e o encargado da actividade, o fotógrafo Luis Carré, impartirán dúas palestras nas que falarán da relación da fotografía e a arquitectura.
Data: venres 10 de outubro de 2014, 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Segunda edición do ciclo de palestras en torno ao CENTENARIO DOS GRANDES MESTRES.
Se na pasada edición as leccións tiveron como tema central a relación entre procedementos construtivos e expresividades arquitectónicas, nesta ocasión se trata de contextualizar aqueles anos, lembrar as influencias recibidas e, ao mesmo tempo, analizar algunhas experiencias concretas.
Intervirán: Celestino García Braña, Luz Paz Agras, Fernando Agrasar Quiroga, Enrique Blanco Lorenzo, Patricia Sabín, Eva Valcárcel, José Ramón Alonso Pereira, Antonio Río e Miguel Abelleira.
Dirección: Celestino García Braña
Organización: Departamento de Composición
Inscripción: Delegación de alumnos, retsac.wordpress.com
Máis información: programa_centenario2