Presentación, na ETSAC, do libro A GALICIA URBANA, editado por Xerais.
Intervirán: Fernando Agrasar Quiroga (Director da ETSAC), José J. González Cebrián-Tello (Profesor ETSAC), Rubén C Lois González (Editor), Daniel Pino (Editor) e Carmen Lamela Viera (Prof. Socioloxía UDC)
Data: venres 08 de abril de 2016, ás 12:00h
Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0
Asistencia libre
Práctica aberta do profesor José A. Vázquez dirixida aos alumnos que estean a preparar o seu Proxecto Fin de Carreira.
Optimización da contorna de traballo.
- Sistemas de coordenadas.
- Cambio automático de niveis.
- Control da visualización.
- arquivos dwt
- Personalización
Sistema de impresión no LDA da ETSAC
venres 15.04.2016 Aula 3. Laboratorio Deseño Asistido. 11:00- 14:00
Reunión informativa para a elaboración dos contratos iniciais correspondentes á mobilidade internacional ETSAC 2016-17: [REUNIÓN DE OBRIGADA ASISTENCIA: xoves 21.04.2016, SALON DE ACTOS ás 13:30]
Gemma Domènech i Casadevall do ICRPC, Institut Catalá de Recerca en Patrimoni Cultural, presentará o seu libro: “Tell o lobo solitario do exilio catalán”
OLLO NOVA DATA: martes 26 de abril, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información: http://icrpc.cat/cat/publicacions/tell-el-llop-solitari-de-lexili-catala-2015.html
Palestra da arquitecta egresada pola ETSAC, Zeltia Vega Santiago, sobre a súa experiencia internacional en Harvard e Londres. Zeltia foi bolseira da Fundación Barrié nos EUA.
Organización: Análise Arquitectónica. Acto aberto a toda a Escola
Data: mércores 27 de abril, ás 11:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Máis información: http://www.becariosbarrie.org/node/2296
Evento cos premiados ETSAC na edición XIII BEAU, Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo: palestras + trío jazz + cervexas
Intervirán: Irisarri, Piñera / Creus, Carrasco / Quintáns / Sabín, Blanco / Lorenzo / Suárez, Mejuto, Díaz / Montero
Data: xoves 28 de abril, ás 19:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Máis información: http://etsa.udc.es/web/?p=21256
Palestras + mesa redonda: SEMPRE SEMPER. Intervirán: Antonio Armesto, Carlos Almuíña, Xan Casabella e Fernando Agrasar.
Data: venres 06 de maio, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC XUÑO 2016
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 1 de xuño ás 14:00h
VENRES 3 DE XUÑO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 6 DE XUÑO DE 2016
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN

O vindeiro venres 17 celebraremos na *ETSAC a primeira reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia.
Para todos os que poidades achegarvos á comida esperarémosvos ata as 14:30 na cafetería e despois no comedor da Escola.
Ás 16:30 subiremos ata a Sala de Xuntas na planta 0 do edificio da Escola de Arquitectura para dar comezo á reunión.
Despois da presentación e posta ao día das actividades dos grupos de usuarios BIM en España desde o pasado EUBIM e como tema desta reunión, o arquitecto Antonio Larrondo falaranos sobre
Modelado paramétrico e modelado algorítmico , co seguinte contido
- O pensamento algorítmico. Programación visual.
- Dynamo. Relacións Revit-Dynamo, Dynamo-Revit.
- Revit, Dynamo e o seu API.
- Anatomía dun programa visual. Exemplos de aplicación práctica Revit-Dynamo.
Esperamos que vos resulte interesante.
Ao finalizar a charla teremos un coloquio e proposta de actividades para as futuras reunións.
Á comida e á charla é totalmente aberta, é máis, rogariámosvos que avisásedes a todas as persoas interesadas.
Sería bo que se desen de alta no grupo de meetup para telas ben informadas.