Unha chea de premios da edición XIII BEAU, Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, recaeron en profesores ou egresados da nosa Escola:
-Os profesores da ETSAC Irisarri + Piñera veñen de ser premiados pola rehabilitación dos Rexistros da Propiedade de Vigo.
-Os profesor Juan Creus, Creus + Carrasco, premiado pola Casa Chao de Corcubión.
-O profesor Carlos Quintáns, finalista, pola súa casa en Perbes.
-Os profesores Patricia Sabín e Enrique Blanco seleccionados pola rehabilitación da Casa do Parque das Fragas do Eume.
-A arquitecta egresada pola nosa Escola, Alberta Lorenzo Aspres, ven de ser premiada na convocatoria de investigación polo proxecto ARGA, arquitecturas rehabilitadas de Galicia.
-Así mesmo os arquitectos egresados ETSAC, Sergio Suárez, Tono Mejuto e Borja Díaz foron premiados na categoría de divulgación polo libro “Arquitectura para a Educación Primaria en Mauritania” da ONG Alianza pola Solidariedade.
-O PFC do exalumno Ángel Montero, Torre P93 en Arteixo, titorado polo profesor Enrique Blanco.
Parabéns a todos os premiados!
Máis información:
http://www.bienalesdearquitectura.es/images/XIII_BEAU/XIII_BEAU_Listado_finalistas.pdf
http://www.bienalesdearquitectura.es/images/XIII_BEAU/XIII_BEAU_Listado_seleccionados.pdf