Calendar

Nov
27
Ven
Debate na ETSAC: A Vedra, autoestrada ou avenida? @ aula especial 1, andar -1
Nov 27 @ 12:00

a vedra_2

 

Palestra A VEDRA, AUTOESTRADA OU AVENIDA? coa presenza de Daniel Díaz Grandío e Xiao Varela Gómez, concelleiros de Mobilidade Sostible e Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, respectivamente.

Ademáis de coñecer, de primeira man, as propostas do Concello para a humanización da infraestrutura coruñesa, a Escola pretende favorecer o debate sobre temas urbanos de actualidade.

Nova data: venres, 27 de novembro, ás 12:00h. Desculpade as molestias!

Lugar: Aula especial 1, andar -1 da ETSAC

 

xiao_1

Dec
2
Mér
Evento FETSAC 16: a crise dos corenta @ Andar -2 da ETSAC
Dec 2 @ 19:30 – 21:00

fetsac_1

FETSAC_1

 

Evento FETSAC 16, A Crise dos corenta, no andar -2 da Escola, 19:30-21:00h. Bizcochón +Tazzal, alumeado do FETSACBETO e “7 poemas para 7 casas” con Juan Creus e Juan Froján.

Máis información: https://www.facebook.com/fetsac

 

fetsac_02

Dec
4
Ven
B2.TFG do Grao en Estudos de Arquitectura. Alumnos aptos para a defensa do Traballo Fin de Grao (6 ECTS) @ Salón de Actos. ETSAC
Dec 4 @ 10:00

De acordo co regulamento do traballo fin de grao da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura e a súa programación temporal se publica a relación de alumnos admitidos para a defensa do Traballo Fin de Grao.

O tribunal constituirase o vindeiro venres 4 de Decembro ás 10:00h. no salón de actos da ETSAC.
Orde de presentación tal e como figura na listaxe de alumnos aceptados.
O tempo de exposición será de 15 minutos e asignaranse 10 mínutos adicionais nos cales o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións que considere.

O salón de actos estárá reservado para a realización das probas da exposición o xoves 3 de decembro entre as 9:00 e as 21:00 horas.

20151201 B2TFG Alumnos admitidos para defensa e orde

 

Dec
7
Lun
Presentación do código iCor na ETSAC @ Aula Especial 1, andar -1, ETSAC
Dec 7 @ 18:00 – 21:00

color_1

 

A presentación do código iCor na ETSAC é unha actividade organizada dentro da materia Representación Avanzada en Arquitectura RAA pola profesora Margarita Lorenzo Durán.

O código cromático do Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo, e a súa aplicación. Realizado no marco do Laboratorio “Ensanche da Ramella”, dentro do proxecto iCOR cidade identidade, organizado pola Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do COAG. Froito da colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co Concello de Lugo a través do Proxecto URBAN.

Presentarán o traballo: ANTONIO MAROÑO CAL, decano do COAG, ÁNGELES CASTRO DAPENA, LUISA SERRANO GARCÍA, MARÍA MELERO LORENZO, arquitectas, e CARMEN LAMELA VIERA, socióloga.

Máis información: Presentación do código cromático

Dec
9
Mér
Palestra do fotógrafo Juan Rodríguez sobre o libro SIZA x SIZA @ Salón de actos, andar 0, ETSAC
Dec 9 @ 10:00

juanito_2

 

Palestra do fotógrafo de arquitectura Juan Rodríguez sobre o libro SIZA x SIZA, organizada pola materia Análise Arquitectónica 1, grupos A e B. Entrada libre.

Data: mércores 09 de decembro de 2015, ás 10:00h

Lugar: Salón de actos da ETSAC

 

juanito_1

Dec
11
Ven
PFC: procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria extraordinaria 2015 @ Aula PFC. Soto edificio departamentos
Dec 11 @ 18:47 – 19:47

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC EXTRAORDINARIA 2015

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 9 de decembro ás 14:00h

VENRES 11 DE DECEMBRO DE 2015
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 14 DE DECEMBRO DE 2015
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Dec
14
Lun
Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Costa de Sousa @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Dec 14 @ 11:00

novas geraçoes_1

 

Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Costa de Sousa: “O impacto dalgúns arquitectos do norte de Portugal no panorama da arquitectura contemporánea”

Director: José Antonio Franco Taboada

Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:00h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

 

Lectura da tese de doutoramento de Begoña Ces Fernández @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 14 @ 11:30

begoña_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Begoña Ces Fernández: “Os efectos do seísmo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia”.

Dirección: Ramón Yzquierdo Perrín

Titor: José Ramón Soraluce Blond

Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:30h.

Lugar: Salón de actos da ETSAC

Lectura da tese de doutoramento de Pablo Daniel García Carrillo @ Aula Mestrados, edificio departamentos ETSAC, andar -2 andar -1, ETSAC
Dec 14 @ 12:00

carrillo_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Pablo Daniel García Carrillo: “Desenvolvemento dun sistema para a integración das instalacións na construción con fábrica vista de bloque de formigón”

Director: Joaquín Fernández Madrid

Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 12:00h

Lugar: Aula Mestrados, edificio departamentos ETSAC, andar -2

Dec
18
Ven
Novos arquitectos ETSAC 2015: acto académico + palestra @ Salón de actos da ETSAC, andar 0
Dec 18 @ 12:00 – 14:00

HNA_1

 

O vindeiro venres 18 de decembro celebraremos por segunda vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2015, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o presente ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, actual vicerreitor e próximo reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.

Seguirá unha palestra do noso convidado, nesta ocasión JOAO MENDES RIBEIRO. O arquitecto luso recolle o relevo do catalán Toni Gironés.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2015.

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

 

+ info: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/12/22/escola-tecnica-superior-arquitectura-entrega/1025778.html#

 

HNA_2