Palestra “Presencias intensas. Tenacidade poética na obra de Alejandro de la Sota” por. José Manuel López Peláez. O próximo martes 17 de xaneiro o Taller 1 Paiosaco ofrece a todos os Talleres de TFG_TFM e a toda a ETSAC a palestra a cargo do arquitecto (Premio Nacional de Arquitectura) e catedrático de Proxectos de la ETSA de Madrid, José Manuel López Peláez, con título “Presencias intensas”.
Coordinación: prof. Enrique Rodríguez García
Lugar: Salón de Actos da ETSAC
Hora: 10:00h
Máis información: cartaz
Mércores. 25.01.2017. inicio das actividades académicas do segundo cuadrimestre
- Información xeral. Grao en Estudos de Arquitectura
- Calendario académico UDC
- Horarios primeira semana do segundo cuadrimestre (26.01.2017)
- Talleres PFG-PFM. inicio das actividades académicas (17.01.2017)
- Asignación de grupos de docencia (08.09.2016)
- B1G – B2G – B2M Horarios curso académico 2016-2017 (02.02.2017)
- B1G – B2G Calendario de exames e actas 1ªOP 2Q (20.06.2016)
- B1G – B2G Calendario de exames e actas 2ªOP (11.07.2016)
- B2G.TFG Calendario de exámes e actas (20.06.2016)
- B2M.PFC – B1G.PFG Calendario de exames e actas EEES (20.06.2016)
- ARQ Calendario de exames e actas non EEES (29.08.2016)
información actualizada a 17.01.2017
Palestra do arquitecto Manolo Gallego que falará sobre o Museo de Arte Sacra da Cidade Vella da Coruña. A charla, organizada pola materia Proxectos 1, está aberta a todos aqueles que estedes interesados.
Data: xoves 02 de febreiro de 2017, ás 16:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC DECEMBRO 2016
- Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
- Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
- unha fotografía tamaño carnet e
- unha copia do teu impreso de matrícula no PFC
O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto ata o mércores 1 de febreiro ás 14:00h
VENRES 3 DE FEBREIRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.
Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor
LUNS 6 DE FEBREIRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h
- Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
- Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
(poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN
Palestra do arquitecto Manolo Gallego que falará sobre o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. A charla, organizada pola materia Comunicación Gráfica en Arquitectura, está aberta a todos aqueles que estedes interesados.
Data: luns 06 de febreiro de 2017, ás 18:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Lectura da tese de doutoramento de Francisco Javier Novoa Rodríguez: “Óscar Niemeyer: debuxo e didáctica a través do mito”
Director de tese: Juan Manuel Franco Taboada
Data: martes, 07 de febreiro de 2017, ás 12:00h
Lugar: Salon de graos, edificio de departamentos da ETSAC
conferencia abierta a toda la comunidad universitaria. Salón de actos ETSAC 12:00
Robert Brufau. Dr. arquitecto. +info>
O vindeiro venres 10 de febreiro celebraremos por terceira vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2016, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, Fernando Agrasar, director da ETSAC, e Antonio Maroño, decano do COAG.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra dos nosos convidados, nesta ocasión aceboXalonso. Os arquitectos VICTORIA ACEBO e ÁNGEL ALONSO recollen o relevo do catalán Toni Gironés e do portugués Joao Mendes Ribeiro.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2016, mentras escoitamos ao dúo de jazz Pablo Añón e Rubén Deschamps.
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados!