Presentación do OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA da ETSAC para o curso 2014-15. O director da ETSAC, Fernando Agrasar, e o encargado da actividade, o fotógrafo Luis Carré, impartirán dúas palestras nas que falarán da relación da fotografía e a arquitectura.
Data: venres 10 de outubro de 2014, 12:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC
Segunda edición do ciclo de palestras en torno ao CENTENARIO DOS GRANDES MESTRES.
Se na pasada edición as leccións tiveron como tema central a relación entre procedementos construtivos e expresividades arquitectónicas, nesta ocasión se trata de contextualizar aqueles anos, lembrar as influencias recibidas e, ao mesmo tempo, analizar algunhas experiencias concretas.
Intervirán: Celestino García Braña, Luz Paz Agras, Fernando Agrasar Quiroga, Enrique Blanco Lorenzo, Patricia Sabín, Eva Valcárcel, José Ramón Alonso Pereira, Antonio Río e Miguel Abelleira.
Dirección: Celestino García Braña
Organización: Departamento de Composición
Inscripción: Delegación de alumnos, retsac.wordpress.com
Máis información: programa_centenario2
Coincidente coa exposición e as palestras que baixo o título de APROXIMACIÓNS 2014 se celebran no Museo de Belas Artes da Coruña, a ETSAC acolle un ciclo de cinema suízo que proxectará catro documentais sobre a idea da paisaxe e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea suíza:
-Xoves, 25 de setembro: NORMAN FOSTER, CONSTRUÍR O GHERKIN
-Xoves, 2 de outubro: UN ARCHITECTE DANS LE PAYSAGE
-Xoves, 9 de outubro: HERZOG & DE MEURON. NA CHINA: NIÑO DE PAXAROS
-Xoves, 16 de outubro: LE PAYSAGE INTERIEUR (CONSTRUÍNDO O ROLEX CENTRE)
Hora: 17:00h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Entrada de balde
Máis información:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=46&inf=84
Seminario sobre HABITABILIDADE BÁSICA. MOITO MÁIS QUE CONSTRUÍR VIVENDAS
Intervirán: Julián Salas Serrano, doutor enxeñeiro industrial e fundador do ICHaB e da cátedra UNESCO de habitabilidade básica na ETSAM e Juan Carlos Pernas, excooperante CESAL no Perú
Mesa redonda: Plácido Lizancos Mora e Cristina García Fontán
Máis información: CARTAZ

Inauguración da exposición CARLOS MEIJIDE ARQUITECTO co gallo da Semana Mundial da Arquitectura 2014.
Carlos Meijide Calvo (1931-2001) foi profesor de Proxectos da ETSAC ata o seu falecemento.
Data e lugar: Mércores 15 de outubro de 2014, ás 20:00h na Sala COAG da Coruña, rúa Federico Tapia, 64.
Patrocina: Campo
A ETSAC acolle a WOOD FAB LAB WEEK 2014 entre os días 20 e 24 de outubro de 2014.
A SEMANA DA MADEIRA NA ARQUITECTURA inclúe:
- Exhibición de propostas do concurso PUNTO DE INFORMACIÓN
- Presentacións de produtos
- Seminarios: Manuel Guaita, Francisco Arriaga y Miguel Nevado.
- Entrega de premios, concurso Ponte Arcuato. Punto de Información
- Podes consultar o programa detallado aquí
Máis información: Cartaz Wood Fab Lab Week 2014
-
CONFERENCIA PFC: REPRESENTANDO A ARQUITECTURA
-
Plácido Lizancos Mora
- Luns 20 de outubro 2014 16:00h Salón de Actos
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado do PFC