Campus de sustentabilidade na ETSAC: a rexeneración sustentable do territorio

 

O Campus Sustentabilidade levará a cabo o seminario da área de Cidade e Territorio sobre a rexeneración sustentable do territorio. A continuación, algúns grupos da área de Cidade e Territorio darán a coñecer proxectos de intervención en espazos, infraestruturas e paisaxe baseados en criterios sociais, medioambientais e produtivos. Tras as presentacións, haberá unha sesión de preguntas, en forma de debate aberto cos investigadores e asistentes.

Cando: luns 04 de novembro de 2019, 09:30-14:00h

Onde: biblioteca da ETSAC, andar 1

Máis información: https://www.udc.es/export/sites/udc/campus_sustentabilidade/_galeria_down/Programa_A-rexeneracion-sustentable-do-territorio_GL.pdf_2063069294.pdf