Aberta a convocatoria para acceder ao Coworking Pazo de Arenaza

O pasado 2 de Maio abriuse a convocatoria para acceder ao CoWorking Pazo de Arenaza. O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo impulsado pola Deputación Provincial da Coruña en Iñás (Oleiros), que ten como obxectivo fomentar as iniciativas emprendedoras do ámbito da Arquitectura. Conta con 25 postos de traballo, un Aula de Formación, Salas de Reunións, un Laboratorio de Realidade Virtual e un MakerSpace con Impresoras 3D, CNC e Corte Láser. O uso do espazo é completamente gratuito e permite acceder a servizos de asesoramento e axuda para crear empresas e liñas de negocio sustentables. 
 
Se queres máis información podes entrar na web arenaza.pel.gal, chamar aos teléfonos 881022544 e 622048003 ou mandar un correo á dirección arenaza@pel.gal.