29ª edición Concurso de Soluciones Constructivas PLADUR

O obxecto do concurso baséase na utilización dos sistemas construtivos PLADUR, potenciando as sinerxias entre empresa e Universidade, buscando así a colaboración con todas as institucións próximas á arquitectura, co fin de fomentar e promocionar a práctica desta, o traballo en equipo e dar a coñecer os novos valores da arquitectura.

A presente convocatoria centrarase nunha reflexión sobre a ARQUITECTURA PARA VIVIR, sobre propostas en vivenda colectiva, de mellor calidade e adaptada á sociedade actual, tanto en estrutura como en prestacións e que permita achegarnos aos espazos de hoxe e de mañá. Convídase pois, a reflexionar sobre a accesibilidade e a adecuación dos espazos máis aló do cumprimento normativo.

+ información