TFG 6 ECTS Grao en Estudos de Arquitectura. Apertura prazo extraordinario solicitude tema TFG.

Anuncio de apertura de prazo extraordinario para solicitude de tema/liña para a elaboración do Traballo Fin de Grao 6 ECTS da titulación Grao en Estudos de Arquitectura

De acordo co acordado na comisión docente celebrada o pasado 25.09.2018 o prazo estará aberto para o profesorado ata as 23:59 h. do próximo luns 15 de outubro.

Calquera estudante da ETSAC interesado en propoñer un novo tema específico ou desenvolver un dos propostos ata o momento para o curso 2018-19 debe poñerse en contacto co profesorado da ETSAC co tempo suficiente para que poida incorporalo antes da data límite indicada.

Mais información sobre o B2G.TFG