I Xornadas de didáctica das artes na Galicia de hoxe: crear para ensinar

I Xornadas de didáctica das artes na Galicia de hoxe: crear para ensinar. 5 e 6 de setembro

Na Normal, espazo de intervención cultural da UDC

Estas xornadas, dirixidas ao profesorado de todos os niveis educativos baixo o lema: Crear para ensinar abordan a didáctica das artes desde múltiples ópticas, tanto da perspectiva do que ensina mais tamén do que aprende. Haberá a oportunidade de achegarse ás obras de arte e de aprender a comunicarse a través das linguaxes musical, plástica ou visual. A ser creativa ou creativo tamén se aprende, como se aprende a comprender e a gozar das manifestacións artísticas.

Matícula de balde ata completar 100 plazas en cultura.coruna@udc.es

Presentación depóster coas súas experiencias até o día 3 de setembro.

Os póster deben ser de tamaño A1 e deben entregalos impresos o día 5 para colgalos nunha das salas expositivas.

Esta actividade está recoñecida como actividade de Formación Permanente do Profesorado en Galicia.

+ información: http://istoenormal.org