XIV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo: premiados ETSAC

 

Entre os premiados e finalistas na XIV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo figuran alumnos, profesores e arquitectos egresados da ETSAC. A cerimonia de entrega de premios vense de celebrar en Santander o 19 de xullo de 2018, nesta edición baixo  o lema: “Máis habitar, máis humanizar”.

Para todos eles os nosos parabéns e as nosas grazas por ser os mellores embaixadores da nosa escola!

-Estratexia desenvolvemento urbano. Hábitat saúdable: Ponteareas, Galicia. Estudio MMASA: Patricia Muñiz e Luciano Alfaya (premio)

-Publicación: “A arquitectura das carpinterías de ribeira en Galicia” de Óscar Fuertes Dopico (premio)

-Publicación: “Jorge Oteiza y lo arquitectónico. De la estatua-masa al espacio urbano (1948-60)” da profesora Emma López Bahut (seleccionada)

-Publicación: “Exposicións universais. Unha historia das estruturas” do profesor Isaac López César (seleccionado)

-PFC: Campus urbano na Coruña: Adrián Capelo Cruz (premio)

 

Máis información: https://www.cscae.com/index.php/es/conoce-cscae/area-cultura/todas-las-noticias42/4981-ganadores-de-la-xiv-bienal-espamnola-de-arquitectura-y-urbanismo