Grao en Paisaxe: xornada de portas abertas

 

Dentro das accións de implantación do 1º curso do novo Grao en Paisaxe que se impartirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (UDC) e na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), realizarase unha xornada de portas abertas o próximo venres 15 de xuño ás 11:00h na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
Neste acto está prevista a presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (que presentará o que significa o grao para o SUG) e a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (que presentará as Directrices da Paisaxe de Galicia).
Máis información: www.gradopaisaje.es