A quinta edición do Joint comeza en Harbin (China)

 

O Joint Graduate Design Project entre a ETSAC-UDC e as universidades chinesas do HIT (Heilongjiang) e o IMUT (Inner Mongolia) ven de comezar o pasado 05 de marzo na Escola de Arquitectura de Harbin.

O traballo proposto ten como ubicación unha área central da cidade interior de Anda City, en concreto, a intervención na contorna da estación do ferrocarril, caracterizada por elementos arquitectónicos patrimoniais de orixe rusa vencellados á liña de ferrocarril de comezos do século XX.

Durante esta primeira semana alumnos e profesores visitaron o emprazamento do traballo e asistiron a encontros, palestras e a posta en común dos traballos analíticos e das primeiras aproximacións á proposta.

O traballo se desenvolverá nas respectivas escolas durante tres meses e posteriormente será presentado a un xurado na ETSAC coa presenza das tres delegacións no mes de xuño.

Quixéramos agradecer dunha maneira especial a calurosa benvida que durante toda estadía o decano de Harbin, o profesor Mei Hongyuan, brindou a todos os participantes.

A delegación da ETSAC estivo composta dunha ducia de alumnos encabezados polos profesores Fernando Agrasar e Evaristo Zas. A viaxe académica permitiu visitar arquitecturas de interés tamén nas cidades de Hong Kong e Beijing.