Academia Galega de BBAA: palestra de César Portela

portela_1

 

O martes día 29 de novembro, ás 20:00h, terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a palestra “CASA E CIDADE” impartida por César Portela Fernández-Jardón, catedrático de Proxectos Arquitectónicos da ETSAC e director da V Bienal de Arquitectura Española 1999 – 2000.

A conferencia versará sobre a importancia da arquitectura e do urbanismo, ademáis darase  un repaso tanto á obra do conferenciante como a doutros arquitectos como Xosé Manuel Casabella López, Andrés Fernández-Albalat Lois, Xosé Bar Boo, Rafael Baltar Tojo… Ao rematar a charla, o ponente contestará ás posibles preguntas que lle poidan xurdir aos asistentes.