gvSIG

gvSIG Desktop é un Sistema de Información Xeográfica (SIG), isto é, unha aplicación de escritorio deseñada para capturar, almacenar, manipular, analizar e despregar en todas as súas formas, a información xeograficamente referenciada co fin de resolver problemas complexos de planificación e xestión. Caracterízase por dispor dunha interfaz amigable, sendo capaz de acceder aos formatos máis comúns, tanto vectoriales como ráster e conta cun amplo número de ferramentas para traballar con información de natureza xeográfica (ferramentas de consulta, creación de mapas, geoprocesamiento, redes, etc.)