Premio Europeo Manuel de Solá-Morales para teses de urbanismo

Na Escola de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) lánzase a primeira edición do Premio Europeo Manuel de Solà-Morales, unha iniciativa promovida polo LUB-Laboratorio de Urbanismo de Barcelona conxuntamente coa ETSAB ye a UPC (Universidade Politécnica de Cataluña)

O Premio recoñece cada dous anos as mellores investigacións universitarias no campo da urbanística para obter o título de doutor (PhD).

Poderán presentarse todas aquelas teses doutorais que teñen o urbanismo como obxecto da súa investigación – sobre as cidades, a súa historia e os seus proyectistas, os retos que afronta o urbanismo do século XXI ou os proxectos urbanísticos que configuraron a realidade europea- presentadas nunha universidade e lingua europea dous anos antes e que obtivesen unha nota máxima (cum laude ou equivalente).

O mellor PhD recibirá un premio de 7.000 euros. De acordo coa calidade dos traballos, o premio poderá compartirse ex aequo e tamén poderá declararse deserto. Adicionalmente poderanse conceder o número de accésits que o xurado considere. Premios, accésits e finalistas recibirán unha distinción e a organización impulsará a publicación dos mellores traballos.

Atopará toda a información en: http://www.lub.upc.edu/msmprize/rules.html

O premio honra a memoria do profesor e arquitecto Manuel de Solà-Morais i Rubió (1939-2012) quen fixo contribucións excepcionais na investigación e o ensino durante máis de corenta anos na nosa Escola.