Premio RIBA de investigación para o profesor Jorge Rodríguez Álvarez

riba_1

O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeu un dos seus premios para a investigación ao profesor da ETSAC Jorge Rodríguez Álvarez.

Os chamados RIBA Research Trust Awards son parte dun programa de financiamento para investigadores no eido da arquitectura altamente competitivo. Un panel avaliador, composto por prestixiosos profesionais e académicos é o encargado de seleccionar entre 3 e 5 proxectos de entre todas as propostas. A investigación presentada por Jorge Rodríguez Álvarez céntrase no estudio do tecido residencial da cidade de Londres dende unha perspectiva ambiental e será desenvolto en colaboración coa Architectural Association.

Os nosos parabéns.

Máis información: https://www.architecture.com/RIBA/Contactus/NewsAndPress/PressReleases/2015/TheRIBAawards%C2%A335,000tosupportarchitecturalresearch.aspx