A AECID financia unha acción en Mozambique coordinada dende a ETSAC

mozambique_1

Investigadores da UDC, coordinados dende a ETSAC, obteñen finaciamento da AECID, AGENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN AL DESARROLLO, para unha acción en Mozambique de innovación aplicada ao desenvolvemento.

O grupo, conformado dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e formado por profesores das Escolas de Arquitectura e de Enxeñería de Camiños ven de obter un importante financiamento o que lles garante o desenvolvemento da acción denominada “Implementación de un sistema de aprendizaje y servicio para el alumnado enfocado a habitabilidad integral”.

Este traballo, que ten un orzamento de máis de 187.000 euros, desenvolverase coa Faculdade de Arquitectura da Universidade Eduardo Mondlane de Maputo (Mozambique), iniciándose no vindeiro mes de decembro e concluíndo en maio de 2017.

Comprende un vasto programa de actuacións, envolvendo ás comunidades académicas das universidades implicadas no deseño e implementación de accións de mellora das condicións de habitabilidade nos barrios precarios daquela cidade de acordo cunha metodoloxía de aprendizaxe por servizos.

A nova, dada a coñecer o 21 de Xullo a través da sede electrónica do Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación, é resultante da “Convocatoria para el año 2015 de subvenciones para la realización de proyectos de innovación para el desarrollo”, á que concurriron un total de vinte proxectos de diversas universidades do Estado dos que tan só obtiveron financiamento nove.

+ info en: https://www.aecid.gob.es/es/Tramites-Servicios-en-linea/subvenciones-acciones-cooperacion/2015-SubvAyudCoopInterPolExteGob.html