Bos días, mareantas e mareantes:
Poñémonos en contacto con vós para informar do acto público que terá lugar o Venres 19 de decembro no Paraninfo da Universidade (na Maestranza) ás 19:30h.
Trástase dunha conversa que Ada Colau, de Guanyem Barcelona terá con Manolo Rivas. Tedes a información aquí.
Ademais temos un vídeo promocional do acto por se o queres enviar aos teus contactos ou difundilo por redes sociais.
Agardamos a túa presencia e que difundas o acto para que medere a Marea.
Como podedes comprobar, non está sendo sinxelo atopar espazos públicos e con prezos populares na cidade para facer os actos da Marea Atlántica, así que ás veces temos que alugar, como é o caso. Se queredes colaborar económicamente haberá uns petiños no Paraninfo o venres para quen quera e poda facer aportacións.