2023 Miguel Abelleira Doldán, director da ETSAC.
2023 (20.09) Celebración dos cincuenta anos da creación da ETSAC.
2023 (28.03) BOE: Publicación do plano de estudos do Máster en Desafío das Cidades.
2020 (21.09) Co inicio do curso retómanse as actividades con docencia presencial e non presencial.
2020 (16.03) Peche do centro pola situación de emerxencia derivada da pandemia COVID-19.
2019 Plácido Lizancos Mora, director da ETSAC.
2016 (14.03) BOE: Publicación do plano de estudos do Máster Universitario en Arquitectura.
2015 (09.12) BOE: Publicación do plano de estudos do Grao en Estudos de Arquitectura.
2015 (07.09) Implantación das novas titulacións de Grao e Máster adaptadas a Orde EDU/2075/2010.
2015 (17.06) DOG: Autorización de implantación de ensinanzas oficiais de grao, máster e doutoramento para o curso 2015-2016. A Xunta de Galicia autoriza a implantación do Grao en Estudos de Arquitectura e do Máster en Arquitectura na UDC.
2012 (06.09) BOE: Publicación do plano de estudos do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica.
2011 Fernando Agrasar Quiroga, director da ETSAC.
2011 (18.01) BOE: Resolución de 30 de marzo de 2011, pola que se publica o plano de estudos do Grao en Arquitectura
2005 Xosé Manuel Casabella López, director da ETSAC.
1996 José Juan González-Cebrián Tello, director da ETSAC.
1996 (19.01) BOE: Resolución de 20 de diciembre de 1995. Plano de estudos homologado polo Consello de Universidades dacordo coas directrices do Real Decreto 1497/1987.
1994 Iníciase a construción do edificio de departamentos.
1991 A Fundación Barrié entrega á Universidade da Coruña os edificios da ETSAC e da EUATC, que son os seus primeiros centros.
1989 (27.10) BOE: Lei 11/1989 de 20 de xullo, de Ordeación do Sistema Universitario de Galicia. Creación da Universidade da Coruña.
1989 José Ramón Alonso Pereira, director da ETSAC.
1986 Juan Bautista Pérez Valcárcel, director da ETSAC.
1980 Entra en funcionamiento o edificio actual.
1979 (29.03) BOE: Orde de 24 de xaneiro de 1979 pola que se amplia a seis anos o plan de estudos da ETSAC.
1975 (04.11) Inicio do primeiro curso académico nunha sede provisional. O primeiro claustro está formado por: José Antonio Franco Taboada, director; José Luis Mosquera Suárez, secretario; Xosé Manuel Casabella López; Carlos Fernández-Gago; Jesús Arsenio Díaz; Javier Padín Vaamonde e Carlos Losada Varela.
1975 José Antonio Franco Taboada, director da ETSAC.
1973 (20.09) BOE: Decreto 2219/1973 de creación da Escola Técnica Superior de Arquitectura. Nace adscrita á Universidade de Santiago de Compostela.
1971 Contrátase ao equipo dirixido por Raymond Caravaty, director do Center for Architectural Research do Instituto Politécnico Rensselaer de Troy, New York, para a planificación educativa e aos arquitectos Rodolfo Ucha Donate, Juan Castañón Fariña e José María Laguna Martínez para deseñar o edificio. Os arquitectos estadounidenses John W. McLeod e Raymon Caravaty actúan como consultores do proxecto.
1968 A Fundación Pedro Barrié de la Maza inicia as xestións ante o Ministerio de Educación para crear unha Escola de Arquitectura e unha Escola de Arquitectura Técnica en Galicia.