Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA

When:
15 Novembro, 2016 @ 20:00 – 21:00
2016-11-15T20:00:00+01:00
2016-11-15T21:00:00+01:00
Where:
Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes
A Coruña
España
Palestra de Luz Paz Agras na Academia Galega de BBAA @ Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes | A Coruña | Galicia | España

PALESTRA DE LUZ PAZ AGRAS: MARTES DAS ARTES NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

O martes día 15 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a conferencia “”Arquitectura de Re-acción. Unha lectura de proxectoa á marxe” impartida por Dª. Luz Paz Agras, Doutora Arquitecta e profesorado Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña.

A raíz da actual crise económica, a arquitectura veuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a poñer en tela de xuizo o seu papel na sociedade. Nos últimos anos, foi identificada exclusivamente co seu rol de construcción, movéndose entre dúas posicións extremas pero ámbalas dúas froito dunha época de despilfarro económico: por unha parte, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela y por outra, a especulación constructiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria.

Asumido o resultado fallido de ámbolos dous modelos, experiencias que naceron en paralelo á propia crise da disciplina, pero moi dentro desta, amosan xeitos de actuación inconformistas e propositivos. Accións que enfocan o seu obxectivo cara o achegamento da sociedade á arquitectura a través da ensinanza conviven con outras nas que a participación cidadana se converte no principal material de proxecto, pasando polas que se posicionan con actitudes críticas. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados nestos últimos anos, trázase o panorama da arquitectura de re-acción: inmaterial, efímera e activista.

+ información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/noticias.asp?idNoticia=400&tipo=1