A conmemoración en 2015 do cincuentenario do pasamento de Le Corbusier (1887-1965), sen dúbida o mestre mais importante da arquitectura do século XX, fai do ano 2015 un verdadeiro ano corbusieriano, e da lugar a toda unha serie de estudos, investigacións e simposios nos diferentes ámbitos arquitectónicos tanto do noso país coma internacionais.
A influencia de Le Corbusier esténdese aínda agora sobre a arquitectura de Galicia, o que permite e aconsella dedicar esta edición das xornadas MODERNIDADE E CONTEMPORANEIDADE a analizar e revisar o legado corbusieriano dende a Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Proponse, pois, a celebración na Escola dunhas xornadas centradas neste tema, en se mesmo e no seu reflexo na produción dos arquitectos que están a desenvolver a súa práctica profesional de xeito comprometido no país.
Durante dous días, os arquitectos e investigadores invitados debaterán a traxectoria da MODERNIDADE e as bases da CONTEMPORANEIDADE da arquitectura en Galicia, manifestando as presenzas e ausencias do legado corbusieriano, a visión do noso territorio e a identidade da nosa arquitectura. Concluirase cunha mesa redonda na que esperamos os aportes e as intervencións de todos os participantes.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.