O CGAI en colaboración coa ETSAC presenta o ciclo de documentais de arquitectura, HEINZ EMIGHOLZ: ARQUITECTURA COMO AUTOBIOGRAFÍA.
Os distintos filmes serán presentados polos profesores da Escola de Arquitectura da Coruña: Luz Paz Agra, Fernando Agrasar Quiroga, Celestino García Braña, Emma López Bahut e Evaristo Zas Gómez.
As proxeccións terán lugar entre os día 18 e 21 de novembro de 2014, no CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, na rúa Durán Loriga, 10, A Coruña.
Entrada de balde para os alumnos da ETSAC coa presentación do carnet universitario
Máis información:
programación do CGAI novembro 2014
PROGRAMACIÓN DO CICLO:
martes, 18 de novembro
20:30h SULLIVAN´S BANKS (1993-2000). MAILLART´S BRIDGES (2001). TWO PROJECTS BY FREDERICK KIESPER (2006-09). Presentación: Luz Paz Agra e Xoán Mosquera
mércores, 19 de novembro
18:00h GOFF IN THE DESERT (2003). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga
20:30h SCHINDLER´S HOUSES (2006). Presentación: Emma López Bahut
xoves, 20 de novembro
18:00h PARABETON-PIER LUIGI NERVI AND ROMAN CONCRETE (2012). Presentación: Celestino García Braña
20:30h LOOS ORNAMENTAL (2008). Presentación: Fernando Agrasar Quiroga
venres, 21 de novembro
18:00h PERRET IN FRANCE AND ALGERIA (2012). Presentación: Celestino García Braña
20:30h THE AIRSTRIP (2014). Presentación: Evaristo Zas Gómez
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.