
O vindeiro venres 17 celebraremos na *ETSAC a primeira reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia.
Para todos os que poidades achegarvos á comida esperarémosvos ata as 14:30 na cafetería e despois no comedor da Escola.
Ás 16:30 subiremos ata a Sala de Xuntas na planta 0 do edificio da Escola de Arquitectura para dar comezo á reunión.
Despois da presentación e posta ao día das actividades dos grupos de usuarios BIM en España desde o pasado EUBIM e como tema desta reunión, o arquitecto Antonio Larrondo falaranos sobre
Modelado paramétrico e modelado algorítmico , co seguinte contido
- O pensamento algorítmico. Programación visual.
- Dynamo. Relacións Revit-Dynamo, Dynamo-Revit.
- Revit, Dynamo e o seu API.
- Anatomía dun programa visual. Exemplos de aplicación práctica Revit-Dynamo.
Esperamos que vos resulte interesante.
Ao finalizar a charla teremos un coloquio e proposta de actividades para as futuras reunións.
Á comida e á charla é totalmente aberta, é máis, rogariámosvos que avisásedes a todas as persoas interesadas.
Sería bo que se desen de alta no grupo de meetup para telas ben informadas.