Calendar

Xuñ
15
Xov
Plottéate @ Laboratorio de Deseño Asistido
Xuñ 15 @ 17:00 – 20:00

Sesión practica de plotteado desde plt’s, impresión e escaneado, eduroam, escritorios virtuais, e moito máis
Aberta a todos os alumnos da ETSAC.

Seminarios a cargo dos bolseiros da Aulas Net e Laboratorios dá ETSAC

Palestra: Estruturas de edificación con madeira: un mundo de posibilidades no MUNCYT A Coruña @ MUNCYT A Coruña
Xuñ 15 @ 19:30 – 20:30

O catedrático da ETSAC Javier Estévez Cimadevila impartira unha charla no MUNCYT que forma parte das accións divulgativas do VII Congreso Internacional de Estruturas que terá lugar na Coruña do 20 ao 22 de xuño.

O importante desenvolvemento tecnolóxico experimentado nos últimos anos e a actual preocupación pola ecoeficiencia e a sustentabilidade xerou un novo impulso no uso deste material. Na conferencia mostrarase, a través de numerosos exemplos construídos, as grandes posibilidades actuais que achegan as estruturas de madeira.

+info na páxina web do MUNCYT

Entrada libre ata completar aforo.

Xuñ
16
Ven
Lectura da tese de doutoramento de Patricia Muñiz Núñez @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xuñ 16 @ 11:00

 

Lectura da tese de doutoramento de Patricia Muñiz Núñez con título: “Vivendas prefabricadas en procesos de aloxamento de transición para refuxiados e desprazados internos, Haití, Xapón, Siria 2010-16”

Directores da tese: Elisa Valero (ugr) e Juan Creus (UDC)

Data: venres 16 de xuño de 2017, ás 11:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC

Xuñ
23
Ven
Grao en Estudos de Arquitectura. 23.06.2017 Defensa TFG (6 ECTS) @ Sala de Graos
Xuñ 23 @ 10:00 – 12:00

B2.TFG. Alumnos admitidos para a defensa (Etapa E4)

Nome Tema área Tutor
1 10:00 Noelia Touriñan Pereiro Lina Bobardi. Espazo Publico en Sao Paulo Proyectos arquitectónicos Amparo Casares Gallego
2 10:20 Nuria Fernández Areán Filial SEAT. A Coruña Proyectos arquitectónicos Andrés Fernández-Albalat Lois
3 10:40 Paula Paraná Moreno La vivienda refugio en Galicia. Desde sus origenes a la actualidad Proyectos arquitectónicos Mónica Mesejo Conde

TRIBUNAL

María Carreiro Otero. Presidenta
Juan Creus Andrade. Vocal
Enrique Blanco Lorenzo. Secretario.

Convócase a os alumnos ao acto de defensa do TFG da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no salón de Grao do Edificio de Departamentos da ETSAC as 10:00h. do venres 23.06.2017

A dirección do centro,

 

A Coruña, 12.06.2017

Xuñ
26
Lun
Lectura da tese de doutoramento de José Manuel Castro Vázquez @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xuñ 26 @ 11:30

 

Lectura da tese de doutoramento de José Manuel Castro Vázquez con título: “A rehabilitación enerxética na arquitectura escolar. Cara o edificio rehabilitado Nzeb”

Directora da tese: María Jesús Dios Viéitez

Data: luns 26 de xuño de 2017, ás 11:30h

Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC

Xuñ
27
Mar
Lectura da tese de doutoramento da profesora Patricia Alonso Alonso @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xuñ 27 @ 12:30

Lectura da tese de doutoramento da profesora Patricia Alonso Alonso con título: “An experimental and numerical study of hygrothermal behaviour of an open-joint ventilated facade in northwest Iberian Peninsula”

Director da tese: Joaquín Fernández Madrid

Data: martes 27 de xuño de 2017, ás 12:30h

Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC

Xul
3
Lun
A ETSAC participa no congreso IGACIENCIA. O futuro de educación. @ CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Xul 3 @ 09:30 – Xul 4 @ 20:00

O Obradoiro de fabricación dixital da ETSAC participa no congreso “O futuro da educación” que se celebrará en Santiago os próximos 3 e 4 de xullo.

Relatorio e talleres sobre Deseño Parametrico e fabriación dixital con cortadoras laser e fío quente.

Participan nos talleres
Bloque 1. Jose A. Vázquez, responsable OfabdaETSAC
Bloque 2. Rubén Ramos, egresado da ETSAC, antigo bolseiro do taller.
Bloque 3. Damaris Sánchez e Ana María Vázquez. bolseiras @ofab_etsac
Grazas a bolseira Uxía Baños e a José Currás pola súa axuda.

Xul
18
Mar
Lectura da tese de doutoramento de José Ángel Santos Ferro @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xul 18 @ 12:00

 

Lectura da tese de doutoramento de José Ángel Santos Ferro con título: “Orixe e evolución das fortalezas baixomedievais na parte sudoeste da provincia de Lugo”

Director da tese: Xabier Louzao Martínez

Data: martes 18 de xullo de 2017, ás 12:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departmentos da ETSAC

Xul
20
Xov
Xornada informativa de TFG do departamento de PAUC @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xul 20 @ 11:30

O vindeiro xoves día 20 de xullo ás 11:30 terá lugar no Salón de Graos do edificio de departamentos unha xornada informativa sobre os temas de Traballo Fin de Grao propostos polos membros dos grupos e unidades de investigación do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. O obxecto da mesma será presentar aos alumnos as liñas de investigación e obxectivos dos temas propostos e aclarar as dúbidas que poidesen xurdir ao respecto.

Set
1
Ven
PFC (Titulación Arquitecto): procedemento para a formalización da inscripción para a defensa na convocatoria setembro 2017 @ Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA
Set 1 @ 11:00 – 13:00

PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA INSCRIPCIÓN PARA A DEFENSA NA CONVOCATORIA DE PFC SETEMBRO 2017 (TITULACIÓN ARQUITECTO)

  1. Descarga este formulario e ábreo co adobe reader no teu ordenador
  2. Despois de cumprimentalo, imprime unha copia do formulario cuberto e entrégao na administración do centro xunto con:
  • unha fotografía tamaño carnet e
  • unha copia do teu impreso de matrícula no PFC

O prazo de inscripción para esta convocatoria estará aberto desde o luns 20 de agosto ata o mércores 30 de agosto ás 14:00h

VENRES 1 DE SETEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega do proxecto completo en soporte de papel e a maqueta.

Se entregará o listado da documentación, debidamente cuberto e firmado, así como o informe do tutor

DOCUMENTACIÓN PFC

LUNS 4 DE SETEMBRO DE 2017
Aula PFC, Soto -2, Edificio Departamentos da ETSA, de 11.00 h a 13.00 h

  • Entrega de 6 exemplares da reducción en formato A3 (dúas follas máximo x 6 = 12 )
  • Entrega do proxecto en soporte dixital en Moodle:
    proxecto completo en formato dwg ou pdf (instruccións precisas no Moodle:
    ENTREGA PFC-SOPORTE DIGITAL)
    DIN A 1 (maquetación de dous paneis máximo) resumen do proxecto en pdf
    (poden ser os DIN A3 adaptando grosores, tramas, etc.) NON HAI QUE ENTREGAR OS PANEIS FISICOS DE CARTÓN