Calendar

Xuñ
17
Ven
1ª reunión presencial do grupo de usuarios BIM de Galicia
Xuñ 17 @ 16:30 – 19:30
1ª reunión presencial do grupo de usuarios BIM de Galicia

O vindeiro venres 17 celebraremos na *ETSAC a primeira reunión do grupo de usuarios BIM de Galicia.

Para todos os que poidades achegarvos á comida esperarémosvos ata as 14:30 na cafetería e despois no comedor da Escola.

Ás 16:30 subiremos ata a Sala de Xuntas na planta 0 do edificio da Escola de Arquitectura para dar comezo á reunión.

Despois da presentación e posta ao día das actividades dos grupos de usuarios BIM en España desde o pasado EUBIM e como tema desta reunión, o arquitecto Antonio Larrondo falaranos sobre

Modelado paramétrico e modelado algorítmico , co seguinte contido

  • O pensamento algorítmico. Programación visual.
  • Dynamo. Relacións Revit-Dynamo, Dynamo-Revit.
  • Revit, Dynamo e o seu API.
  • Anatomía dun programa visual. Exemplos de aplicación práctica Revit-Dynamo.

Esperamos que vos resulte interesante.

Ao finalizar a charla teremos un coloquio e proposta de actividades para as futuras reunións.

Á comida e á charla é totalmente aberta, é máis, rogariámosvos que avisásedes a todas as persoas interesadas.

Sería bo que se desen de alta no grupo de meetup para telas ben informadas.

 

Xuñ
20
Lun
Obradoiro na ETSAC: Refuxiados e desprazados internos. Solucións de aloxamento @ Salón de actos, andar 0, ETSAC
Xuñ 20 – Xuñ 23 all-day

muñiz_1

 

Obradoiro na ETSAC: Refuxiados e desprazados internos. Solucións de aloxamento.  Patricia Muñiz, directora, e Patricia Sabín, coordinadora, contan coa participación de numerosos convidados especialistas no tema e a colaboración no obradoiro dun grupo de docentes da Escola.

Duración: 25 horas (solicitados créditos para os alumnos participantes). Existen seis bolsas que se concederán por rigoroso orde de inscripción.

Datas: 20 ao 23 de xuño de 2016

Lugar: Salón de actos da ETSAC

Máis información:

Cartaz seminario refuxiados

Programa xuño 2016

 

Xuñ
21
Mar
Palestra de Fernando Agrasar na Academia Galega de BBAA @ Real Academia de Belas Artes, Praza do Pintor Sotomayor, 1, A Coruña
Xuñ 21 @ 20:00

brasilia_1

 

O vindeiro martes día 21 de xuño terá lugar na Real Academia Galega de BBAA a palestra “Brasilia: o soño moderno” impartida polo profesor Fernando Agrasar Quiroga, director da ETSAC.
Cumpridos os 50 anos da inauguración de Brasilia, o proceso do seu proxecto e construción, pódese ler dende a súa realidade actual e a evolución da cultura arquitectónica. Toda a crítica da segunda metade do século XX, tanto Benevolo coma Frampton ou Curtis, teñen emitido xuízos negativos sobre Brasilia. Estas valoracións están lastradas polo fracaso da modernidade e chocan coa beleza e singularidade dun experimento urbanístico, sociolóxico e artístico, que segue a sorprender e conmover ao viaxeiro.
Data: martes 21 de xuño, ás 20:00h

Lugar: Real Academia Galega de Belas Artes, Praza do pintor Álvarez de Sotomayor, 1, A Coruña

Xuñ
23
Xov
Reunión informativa: de Boloña 1 a Boloña 2 @ Aula Especial 1
Xuñ 23 @ 13:00 – 15:00

A dirección do centro  convoca unha reunión informativa dirixida aos alumnos que no curso 2015-16 estivesen matriculados no Grao en Arquitectura e desexen incorporarse ao itinerario Boloña 2: Grao en Estudos de Arquitectura + Máster Universitario en Arquitectura o vindeiro curso académico.

Xoves. 23.06.2015 Salón de actos. Aula especial 1. ETSAC. 13:00h.

 

Máis información

Nota: Non é unha reunión informativa para alumnos de primeiro por primeira vez.

Xuñ
28
Mar
Terceiro descenso urbanístico dende a ETSAC @ ETSAC
Xuñ 28 all-day

creus_2

 

Terceiro descenso urbanístico dende a ETSAC. Paseo comentado polos membros do grupo de investigación Galicia Cidade e Territorio, GCeT.

Data: martes 28 de xuño

Xul
8
Ven
Lectura da tese de doutoramento de Diego Campos Juanatey @ Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xul 8 @ 12:00

map_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Diego Campos Juanatey: “Técnicas de representación dos you-are-here-maps e imaxe da cidade. Análise e aplicación ao patrimonio construído, centros históricos”

Directores da tese: María José Pérez Fabello e Santiago Tarrío Carrodeguas

Data: venres 08 de xullo, ás 12:00h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

 

 

Xul
15
Ven
Xornada de intercambio coa universidade de Wageningen en torno á paisaxe
Xul 15 @ 10:00 – 13:00

wageningen_1

 

Mañá venres día 15 de xullo teremos a visita dun grupo de trinta profesores e alumnos da Escola de Paisaxe da Universidade de Wageningen (Holanda), que conta cun programa de mestrado en arquitectura da paisaxe e planeamento.
A xornada terá lugar no salón de actos da ETSAC de 10 a 13 horas, de acordo co seguinte programa:
10:00h Reception at A Coruña School of Architecture, ETSAC
10:10-10:30h Presentation of the Landscape Studies at the School of Architecture
10:30-11:30h Presentation of Wageningen UR landscape studies and some examples of students work
11:30-12:30h Presentation of the Master programme in Landscape Architecture Juana de Vega and some students work
12.30-13:00h Coffee break
Benvidos / Welkom!

Máis información: http://www.wageningenur.nl/en/Education-Programmes/prospective-master-students/MSc-programmes/MSc-Landscape-Architecture-and-Planning.htm

 

 

Lectura da tese de doutoramento do profesor Enrique Antelo @ Salón de Graos, Edificio de Departementos da ETSAC
Xul 15 @ 12:00

antelo_1

 

Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC Enrique Antelo Tudela: “As instalacións como condicionante do deseño arquitectónico. Panel técnico Reverstop”

Directores da tese: María Jesús Dios Viéitez e Víctor Manuel Hermo Sánchez

Data: venres 15 de xullo, ás 12:00h

Lugar: Salón de Graos, Edificio de Departementos da ETSAC

2ª reunión do Grupo de Usuarios BIM de Galicia. @ Escola Técnica Superior de Arquitectura
Xul 15 @ 14:15 – 19:30

Palestra aberta a todos os interesados en BIM. Apuntáte ao MEETUP. Esperámosche.

GUbim2_03

 

Xul
27
Mér
Entrega premios Fase Local 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura @ Salón de Actos ETSAC
Xul 27 @ 12:30 – 13:00
Entrega premios Fase Local  6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura @ Salón de Actos ETSAC

Entrega de premios Fase Local  6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”

Ás 12,30 horas do 27 de xullo de 2016, no Salón de Actos da ETSAC, entrega de premios da fase local da 6ª Edición Premios Schindler España de Arquitectura “A las soluciones de movilidad/accesibilidad”

PRIMEIRO PREMIO

Lema – ALLGORA

SEGUNDO PREMIO

Lema – PAISAJE VERTICAL

TERCEIRO PREMIO:

Lema – THE SNAKE