Calendar

Dec
1
Mar
Ourense imaxinado: expo na ETSAC @ Espazo expositivo andar 0, ETSAC
Dec 1 2015 @ 09:29 – Mar 31 2016 @ 10:29

ourense_6

 

A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.

Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:

EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]

EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]

MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]

A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].

Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos

Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia

Produce: Concello de Ourense

Máis información: www.ourenseimaxinado.com

 

OURENSE_1

OURENSE_00

OURENSE_2

OURENSE_4

Xan
25
Lun
Información importante para o comezo das actividades académicas do 2º cuadrimestre @ ETSAC
Xan 25 @ 09:00 – Feb 5 @ 22:00

Información importante para o comezo do segundo cuadrimestre do curso académico 2015-16 o vindeiro luns 25 de xaneiro de 2016.

Grao en Estudos de Arquitectura
Grao en Arquitectura
Máster Universitario en Arquitectura

Xan
26
Mar
NOVA DATA: Lectura da tese de doutoramento de Miguel Abelleira Doldán @ Aula Especial, andar -1, ETSAC
Xan 26 @ 11:30

abelleira_1

 

Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC Miguel Abelleira Doldán: “A arquitectura en Galicia durante a autarquía: 1939-1953”

Director da Tese: José Ramón Alonso Pereira

Data: martes, 26 de xaneiro de 2016, ás 11:30h

Lugar: Aula especial, andar -1, ETSAC

 

Lectura da tese de doutoramento de Gael Sánchez Rivas @ Salón de actos, andar 0, ETSAC
Xan 26 @ 12:00

gael_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Gael Sánchez Rivas: “As infraestruturas e o planeamento territorial. Escenarios para o debate e aplicación ás rexións urbanas galegas”

Director da tese: Carlos Nárdiz Ortiz

Data: martes, 26 de xaneiro de 2016, ás 12:00h

Lugar: Salón de actos, andar 0, ETSAC

Lectura da tese de doutoramento de Xosé Santiago Allegue Fernández @ Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xan 26 @ 12:00

cheche_1

 

 

Lectura da tese de doutoramento de Xosé Santiago Allegue Fernández: “Mirar, pensar, debuxar. Estratexias proxectuais na arquitectura do século XX. Unha aproximación pedagóxica”

Director da tese: Felipe Peña Pereda

Data: martes 26 de xaneiro de 2016, ás 12:00h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

Xan
28
Xov
Lectura da tese de doutoramento de Xan Casabella López @ Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xan 28 @ 11:00

casabella_1

 

Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC, Xan Xosé Casabella López: “Arquitectura redonda no século XX”

Director da tese: Xosé Lois Martínez Suárez

Data: xoves, 28 de xaneiro de 2016, ás 11:00h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

Xan
29
Ven
Lectura da tese de doutoramento de Jose Pedro Olveira Araujo @ Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xan 29 @ 11:30

araujo_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Jose Pedro Olveira Araujo: “O camiño faise camiñando… As sensacións e as emocións na arquitectura”

Director da tese: José Antonio Franco Taboada

Data: venres, 29 de xaneiro de 2016, ás 11:30h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

Xan
30
Sáb
Lectura da tese de doutoramento de Antonio Pernas Varela @ Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Xan 30 @ 11:30

pernas_1

Lectura da tese de doutoramento de Antonio Pernas Varela: “A arquitectura do conxunto monumental de San Mariño Pinario en Santiago de Compostela”

Director da tese: José Antonio Franco Taboada

Data: sábado 30 de xaneiro de 2016, ás 11:30h

Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

Feb
3
Mér
Lectura da tese de doutoramento de Álvaro Marín Durán @ Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC
Feb 3 @ 12:00

garita_1

 

Lectura da tese de doutoramento de Álvaro Marín Durán: “Espazo colectivo e vivenda. Aportacións á vida comunitaria en edificios residenciais do século XX”

Director da tese: José Ramón Garitaonaindía de Vera

Data: mércores, 03 de febreiro de 2016, ás 12:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos ETSAC
Feb 3 @ 16:00 – 19:00
CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA. Fernando Agrasar Quiroga @ Salón de Actos ETSAC

CONFERENCIA PFC: IDEA ARQUITECTÓNICA

Fernando Agrasar Quiroga

Mércores 3 de febreiro 2016       16:00h      Salón de Actos

Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións.