A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.
Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:
EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]
EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]
MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]
A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].
Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos
Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia
Produce: Concello de Ourense
Máis información: www.ourenseimaxinado.com
Lectura da tese de doutoramento de Luiz Carlos Zurbaran: “O problema da razón e da racionalidade na arquitectura moderna. Tipos de racionalidade na arquitectura moderna. Dos métodos aristotélicos á intuición en Oscar Niemeyer”
Director: Juan Manuel Franco Taboada
Data: luns 11 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de José Carlos Barreiro Roca: “Técnica, tipoloxía e análise da carpintería de armar nas estruturas de madeira das edificacións históricas en Galicia dende a Idade Media a partir dunha análise da evolución dos elementos estruturais e dos motivos técnicos”
Director da tese: Juan Bautista Pérez Valcárcel
Data: xoves, 14 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Felipe Daniel García Bescansa: “Contribución de entrada de auga en aplacados ventilados de pedra en función do deseño das xuntas horizontais”
Director da tese: Joaquín Fernández Madrid
Data: venres 26 de xaneiro de 2016, ás 10:00h
Lugar: Aula Máster, edificio de departamentos da ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de María Belén Bouza Cora: “Contribución de entrada de auga en aplacados ventilados de pedra en función do deseño das xuntas verticais”
Director da tese: Joaquín Fernández Madrid
Data: venres, 22 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Aula Máster, edificio de departamentos da ETSAC
Información importante para o comezo do segundo cuadrimestre do curso académico 2015-16 o vindeiro luns 25 de xaneiro de 2016.
Grao en Estudos de Arquitectura
Grao en Arquitectura
Máster Universitario en Arquitectura
- Horario primeira semana 2º cuadrimestre curso académico 2015-16
- Horarios segundo cuadrimestre curso académico 2015-16
- Exames primeira oportunidade 2º cuadrimestre e segunda oportunidade 1º e 2º cuadrimestre
- Distribución de grupos curso académico 2015-16
- Resolución solicitudes cambios de grupo (18.09.2015)
Lectura da tese de doutoramento do profesor da ETSAC Miguel Abelleira Doldán: “A arquitectura en Galicia durante a autarquía: 1939-1953”
Director da Tese: José Ramón Alonso Pereira
Data: martes, 26 de xaneiro de 2016, ás 11:30h
Lugar: Aula especial, andar -1, ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Gael Sánchez Rivas: “As infraestruturas e o planeamento territorial. Escenarios para o debate e aplicación ás rexións urbanas galegas”
Director da tese: Carlos Nárdiz Ortiz
Data: martes, 26 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de actos, andar 0, ETSAC
Lectura da tese de doutoramento de Xosé Santiago Allegue Fernández: “Mirar, pensar, debuxar. Estratexias proxectuais na arquitectura do século XX. Unha aproximación pedagóxica”
Director da tese: Felipe Peña Pereda
Data: martes 26 de xaneiro de 2016, ás 12:00h
Lugar: Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC