Xornada para a difusión da madeira na arquitectura a celebrar na ETSAC o mércores 25 de novembro na que concorren varios eventos:
-Presentación do concurso bianual PFC 2015-17
-Palestra do arquitecto Miguel A. Nevado: “Que podemos construír con madeira? O caso dos edificios en altura”
-Entrega de premios Patio de xogo cuberto
-Exposición dos traballos seleccionados do 16 ao 28 de novembro
Organización: Félix Suárez Riestra, profesor da ETSAC
Conferencia PFC: Proxecto Execución.
Cumplimento CTE.
José Luis Martínez Raido
Mércores, 25 de novembro de 2015, 16:00 h-19:00 h
Salón de Actos ETSAC
Presentación de SketchUp Pro na ETSAC por Jesús Somoza, arquitecto.
Organización: Iscar
Data: xoves 26 de novembro, ás 12:30h
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Xornadas sobre A CASA: PEZAS, ENSAMBLES E ESTRATEXIAS na que intervirán: Zaida Muxí, Eduardo Caridad, Cándido López, Inés Pernas, María Carreiro, Pere Fuertes, Eduardo de la Peña, María Jesús Dios e Carmen Espegel
Organización: grupo de investigación GAUS-MAGA, grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible e Mulleres Arquitectas de Galicia
Datas: 06, 13, 19 e 27 de novembro de 2015
Lugar: Salón de actos da ETSAC, andar 0
Máis información e inscripcións:
Lectura da tese de doutoramento de Óscar Fuertes Dopico: AS CARPINTERÍAS DE RIBEIRA EN GALICIA. A RECUPERACIÓN DAS SÚAS ARQUITECTURAS
Palestra A VEDRA, AUTOESTRADA OU AVENIDA? coa presenza de Daniel Díaz Grandío e Xiao Varela Gómez, concelleiros de Mobilidade Sostible e Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, respectivamente.
Ademáis de coñecer, de primeira man, as propostas do Concello para a humanización da infraestrutura coruñesa, a Escola pretende favorecer o debate sobre temas urbanos de actualidade.
Nova data: venres, 27 de novembro, ás 12:00h. Desculpade as molestias!
Lugar: Aula especial 1, andar -1 da ETSAC
A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.
Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:
EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]
EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]
MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]
A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].
Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos
Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia
Produce: Concello de Ourense
Máis información: www.ourenseimaxinado.com
Evento FETSAC 16, A Crise dos corenta, no andar -2 da Escola, 19:30-21:00h. Bizcochón +Tazzal, alumeado do FETSACBETO e “7 poemas para 7 casas” con Juan Creus e Juan Froján.
Máis información: https://www.facebook.com/fetsac
De acordo co regulamento do traballo fin de grao da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura e a súa programación temporal se publica a relación de alumnos admitidos para a defensa do Traballo Fin de Grao.
O tribunal constituirase o vindeiro venres 4 de Decembro ás 10:00h. no salón de actos da ETSAC.
Orde de presentación tal e como figura na listaxe de alumnos aceptados.
O tempo de exposición será de 15 minutos e asignaranse 10 mínutos adicionais nos cales o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións que considere.
O salón de actos estárá reservado para a realización das probas da exposición o xoves 3 de decembro entre as 9:00 e as 21:00 horas.
20151201 B2TFG Alumnos admitidos para defensa e orde